What we’re about
Somos un clube de lectura en galego, autoorganizado e a distancia, pensado para persoas que andan de aquí para alá e non nos podemos xuntar en presencial.
Como normalmente vivimos fóra de Galicia, reunímonos en horarios que sexan válidos nas dúas ribeiras do Atlántico e programamos os libros con bastante antelación.
Lemos un pouco de todo, literatura galega e traducións, clásicos e novidades editoriais. Ás veces tamén facemos outros eventos, pero sempre ao redor do que lemos ou imos ler.